O Psdeg-Psoe de Ourense destaca que co goberno de Pedro Sánchez o ave a Galicia entrou en servizo e co PP na mocloa tapiabanse túneles e cancelabanse obras

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Foi durante unha visita dos candidatos e candidatas ao Congreso e ao Senado pola provincia ao cambiador de ancho ferroviario de Taboadela e a liña de alta velocidade a Galicia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Sinalaron que as obras de Ourense “unicamente están garantidas co PSOE no Goberno central, xa que os feitos evidencian a bochornosa inquina e a animadversión do PP coas infraestruturas da provincia”

Taboadela, 10 de xullo de 2023. O PSdeG-PSOE de Ourense vén de destacar que, co Goberno central de Pedro Sánchez, a liña de alta velocidade (LAV) a Galicia foi finalizada e entrou en servizo en tempo record, fronte aos “prexudiciais anos perdidos” do PP na Moncloa, nos que os conservadores “tapiaban os túneles e cancelaban as obras”. Durante unha visita ao cambiador de ancho ferroviario de Taboadela e a LAV, os candidatos e candidatas ao Congreso e ao Senado pola provincia ourensá, sinalaron a importancia de “repetir un executivo do PSOE que aposte polas infraestruturas da nosa provincia con todas as súas forzas, votando progreso o 23 de xullo, para non retroceder aos lustros escuros dos recortes e desprezos do PP”.

Durante o percorrido comprobaron o funcionamento desta instalación “clave” que permite a chegada a Ourense de trens, tanto de ancho UIC como de ancho ibérico, mentres no estea rematado o tramo entre Taboadela e a estación ourensana da Ponte, que xa está en obras. “Sánchez finalizou a liña galega ata Taboadela e iniciou as obras da variante exterior que o PP quixo suprimir”, aseveraron polo que pediron “non repetir gobernos ultraconservadores que atentaron contra os intereses da nosa provincia e do resto de Galicia”. Igualmente destacaron a importancia da alta velocidade “para darlle un pulo á economía, o comercio ou a industria turística” da provincia, “algo que xa estamos a comprobar desde hai un ano e medio”.

Tamén destacaron que o Goberno de Pedro Sánchez construíu unha nova estación de tren na Gudiña que Núñez Feijóo criticou e que o PP non quería executar, segundo destapou un documento interno do último Ministerio de Fomento do PP que recortaba 3.800 millóns en investimento. “A nova estación ferroviaria da Gudiña supuxo un investimento de 3,6 millóns no rural ourensán que, xunto cos 4.000 millóns que custou a LAV, presta un servizo de primeiro nivel a todo o oriente da nosa provincia”, aseveraron antes de recordar que “cun goberno do PP non teríamos nin estación na Gudiña nin AVE, porque o seu único investimento foron bloques de cemento para tapiar túneles”.  

Así mesmo, os candidatos e candidatas ás Cortes Xerais informaron do “impactante beneficio positivo” para á veciñanza, unha decisión que evidencia a “sólida aposta” do goberno de Sánchez polo transporte público. “Desde o 1 de marzo poden adquirirse abonos de Renfe con descontos do 50 % do prezo para os servizos ferroviarios con parada na Gudiña e Puebla de Sanabria, financiados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), unha decisión inédita na historia de España”, dixeron tras advertir que “o PP de Feijóo criticou duramente estes abonos e descontos para o tren, que suprimirá se volve á Moncloa”. “Hai que paralos”, dixeron.

Os e as socialistas ourensáns celebraron este “fito histórico” que permitiu cumprir os prazos anunciados, coa posta en servizo comercial do tramo entre Zamora e Taboadela a finais de 2021 e salientaron que as novas infraestruturas ferroviarias “avanzan grazas aos gobernos do PSOE e retroceden cos gobernos do PP”. “Durante o mandato de Mariano Rajoy, o PP pisoteou e esmagou o AVE a Galicia, paralizando obras e tapiando túneles, tal e como confirmou o Tribunal de Contas, con Feijóo e Baltar calados e aplaudindo aquel desleixo monumental”, insisten.

O custe da liña de alta velocidade entre Zamora e Taboadela foi duns 4.082 millóns, o que supuxo un investimento de 18,5 millóns por quilómetro, un “fito técnico moi relevante” nunha infraestrutura tan complexa. “Este é un dos tramos ferroviarios máis complicados de Europa, ao ser unha sucesión de túneles e viadutos a meirande parte do seu trazado”, recordan.

Así mesmo sinalaron que esta nova liña ferroviaria “aínda non está totalmente rematada”, xa que resta a execución do segundo túnel de Padornelo ou o segundo tramo da variante de Ourense, obras que “unicamente están garantidas co PSOE no Goberno central, xa que os feitos evidencian a bochornosa inquina e a animadversión do PP coas infraestruturas da nosa provincia”, conclúen.