Debido ás altas probabilidades de chuvias, o concello do Carballiño decidiu aprazar o concerto de Susie Q’s e The Impossiblues, que estaba programado para hoxe na Praza Irmáns Prieto. Nos vindeiros días farase pública a nova data.
O sábado, día de feira, celebrarase o Entroido de Verán cun novo modelo respecto a outras edicións. Celebrarase pola tarde nos locais de hostalería onde a xente disfrazada poderá desfrutar dun pincho de balde coa consumición e varias charangas percorrerán a vila. Á noite, dende as 23:30 horas, unha discoteca móbil animará a xornada de disfraces na Praza Maior.