Vieitez e Álvarez finalizan terceiros un rallye Pazo Tizón no que Maceiras e Iglesias abandonaron por saída de estrada

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Alexis Vieitez e Cristian Álvarez foron a cara positiva da participación dos becados da Federación Galega de Automobilismo logo de obter o terceiro posto da xeral absoluta no Rallye Pazo Tizón, sexta proba puntuable para o Campionato Galego de Rallyes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Vieitez e Álvarez estiveron na loita polo podio durante boa parte da proba, e aímda qie uns pequenos problemas mecánicos e atoparse co público que estaba tentando axudar a Jorge Coca a volver os atrasaron, acadarpm finalmente o podio e o triunfo na Gara N5 e a Top Ten Pirelli Driver Autia B.

Con esta victoria, a segunda consecutiva para Vieitez e Álvarez, o equipo do Nissan Micra N5 apreta a clasificación da Gara N5 e da Top Ten Pirelli Driver Autia B a tan só 14 puntos de desventaxa frente a José Lamela.

Ademáis, os puntos logrados na cita ourensá permiten a parella pontevedresa situarse na sexta plaza da clasificación xeral do Campionato Galego de Rallyes despois de seis datas puntuables.

Menos sorte tiveron Marcos Maceiras e Sergio Iglesias, que comezaron nos primeiros treitos cunha actuación sólida e sempre nos cinco primeiros postos da carreira, pero que remataron fora da proba tras sufrir unha saída de estrada na primeira pasada de Amoeiro – Maside.

Os dous equipos becados pola Federación Galega de Automobilismo retornarán á competición no Rallye Ribeira Sacra no mes de setembro.