O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na Deputación Provincial na presentación da 38ª Xuntanza Internacional de Gaiteiros en Monterrei que se desenvolverá os vindeiro 25 e 26 de agosto no Castelo de Monterrei.
A Xuntanza Internacional de Gaiteiros, declarada en 2016 evento de Interese turístico e cultural pola Xunta de Galicia, constituíuse, ao longo dos anos, como un prestixioso foro a nivel universal, tendo pasado polos seus escenarios os máis destacados gaiteiros de calquera parte do mundo.