Luis Menor e José Antonio Feijóo estudan vías de colaboración para servizos sociais, infraestruturas e cultura no concello de Baltar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación, Luis Menor, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo, no marco da rolda de contactos que está a manter o presidente provincial cos alcaldes de toda provincia, nunha intensa axenda de entrevistas. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Luis Menor detallou ao rexedor de Baltar as liñas estratéxicas do novo goberno provincial e que van marcar o actual mandato, escoitando tamén as principais demandas do dirixente municipal. Entre elas, José Antonio Feijóo sinalou proxectos como unha residencia para maiores, temas relacionados con infraestruturas e programas relacionados con actividades culturais.