O xoves 21 presentamos en OZOCOgz A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050
A presentación contará coa presenza de dúas das 17 autorías da obra: Kai Lois Baltrusch e
Tensi Gesteira Estévez, e estará moderada pola filóloga Laura Paz Fentanes.
Unha viaxe de 10 000 días
Que nos depara o 2050? Como estará a nosa lingua así que pasen 10 000 días? Falaremos o galego que falamos agora? E que ten que pasar para que sigamos a falalo?
Este será o debate que dará forma á presentación d´A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 que terá lugar o xoves 21 ás 20:00 no espazo OZOCOgz do Carballiño.
Para falar desta obra coral contaremos coa presenza de dúas das 17 autorías; Kai Lois Beltrusch e Tensi Gesteira Estévez dialogarán sobre a súa visión, na compaña da filóloga Laura Paz Fantanes.
Imaxinando o futuro da linguaEsta obra parte das mesmas preguntas formuladas na obra A lingua en 2050 (Catro Ventos, 2021), «Como cres que estaremos a mediados de século?» e «Como desexas que esteamos a mediados de século?». Constitúe a réplica da xeración nova, persoas menores de 30 anos no
momento da publicación que proveñen de eidos diversos (ciencia, música, tradución, xornalismo, docencia…) e que falan de como ven a lingua na actualidade, imaxinan o seu futuro e comparten os desexos que teñen para ela.
Unha listaxe para non perder: Alba Guzmán Falcón, Alba María Rodríguez Díaz, Alberto Mira (Berto), Branca Trigo Cabaleiro, Carla Míguez Bóveda, Daniel Amarelo, Ismael Ramos, Julieta Insagaray, Kai Lois Baltrusch Montero, Manuel Arca Castro, Nee Barros, Sara Seco Rial, Sara Villar Aira, Tamara Andrés, Tensi Gesteira Estévez, Xabier Benavides da Vila e Xanhe Redondo García (o Rabelo).