Maside solidarízase con Aspadisi na súa carreira e andaina

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Todo un éxito de participación e organización na XVI Carreira Popular e a XV Andaina de Maside. O evento, coma nos últimos anos, superou récords de inscrición, con gran cantidade de xente que repite ano tras ano.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O evento deportivo ten unha finalidade solidaria cada ano para unha asociación. Neste caso foi destinada a Aspadisi, recadando 1.675 € que foron entregados polo alcalde José Manuel Iglesias a tres usuarios de Aspadisi. A Asociación agradeceu ao concello de Maside este xesto solidario para poder acabar de construír a residencia.