O PP de Ourense critica que se premie con 450.000 millóns aos independentistas, “mentres Valdeorras clama pola A-76”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
Os representantes populares da provincia no Congreso advirten que Sánchez, con tal de permanecer no poder, cederá a unha chantaxe que “dará máis recursos a Cataluña e restará investimentos na nosa provincia”

 

En contraposición a Pedro Sánchez, “vimos estes días a un Feijóo que propuxo no Congreso levar a toda España medidas que as galegas e os galegos levamos tempo desfrutando”

 

Ana Belén Vázquez, Rosa Quintana e Celso Delgado asumen o papel reivindicativo dos intereses de Ourense que exercerán no Congreso, subliñando que en Madrid terán un gran apoio en Feijóo para defender á provincia, “como tamén en Galicia co presidente Rueda”

2, outubro, 2023

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • As deputadas e deputados do Partido Popular pola provincia de Ourense, Ana Belén Vázquez, Rosa Quintana e Celso Delgado, critican que se premie con 450.000 millóns de euros aos independentistas, “mentres Valdeorras clama para que se poñan en marcha as obras da autovía A-76”.
  • Ante o próximo proceso de investidura, os representantes populares no Congreso advirten que Pedro Sánchez, con tal de permanecer no poder, cederá a unha chantaxe “que dará máis recursos a Cataluña e restará investimentos na nosa provincia”.
  • Para o PSOE de Pedro Sánchez, “a provincia de Ourense nunca foi unha prioridade”, destacan os populares. Hai proxectos estratéxicos como o saneamento e a depuración no cinto empresarial de Ourense ou a mellora das infraestruturas viarias e máis conexións ferroviarias, “que van seguir baixo chave nos caixóns porque non haberá diñeiro para nós”.
  • Pero tamén o resto dos galegos van quedar esquecidos, lamentan, “pois seguro que veremos outra vez adiada a chegada da Alta Velocidade ao conxunto de Galicia”.
  • Medio billón de euros, denuncian, “é un prezo inasumible para a veciñanza ourensá”. Tamén para os resto dos españois, din os representantes populares da provincia no Congreso, “pois imos sufrir unha inxusta falta de recursos para contentar aos partidos da chantaxe ao Estado, que ademais se levarán amnistías e un referendo de independencia”.
  • En contraposición a Sánchez, “vimos estes días a un Feijóo que propuxo levar a toda España medidas que as galegas e os galegos levamos tempo desfrutando”.
  • Ana Belén Vázquez, Rosa Quintana e Celso Delgado asumen o papel reivindicativo dos intereses de Ourense que exercerán no Congreso, subliñando que en Madrid terán un gran apoio en Feijóo para defender á provincia, “como tamén en Galicia co presidente Rueda”.