BNG demanda ao Ministerio a apertura do Museo Arqueolóxico de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Néstor Rego afirma que “non se poden xustificar máis retrasos na apertura dun Museo que ofrece importantes pezas arquitectónicas, históricas e culturais”

Madrid, 28 de outubro de 2023. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, formula varias preguntas ao Ministerio de Cultura para demandarlle a posta en funcionamento do Museo Arqueolóxico de Ourense aínda pendente de obras.

Rego quer saber cando se van rematar as actuacións de rehabilitación arqueolóxica e reclama poñer fin aos retrasos que teñen bloqueado a apertura do Museo ao público. “Non cre que é inaceptábel que o Museo permaneza pechado ao público? É consciente da importancia que ten para a cidade de Ourense poder dispoñer de todo o conxunto de edificios culturais totalmente operativos?”, inquire o deputado do BNG.

Dúas décadas agardando

Neste sentido, Rego lembra que “levamos vinte anos agardando á finalización do proxecto deseñado sobre o antigo Convento de San Francisco e que se compón do Museo Arqueolóxico, da Biblioteca do Estado e do Arquivo Histórico Provincial. Leva dúas décadas de tramitacións e de obras que se demoran”.

Fica pendente de apertura o Museo Arqueolóxico “cunhas obras que se ían acabar no 2022, mais agora fálase do 2024”. Considera o deputado do BNG que Ourense non pode permitirse continuar agardando a ter todo o conxunto completado e insta ao Ministerio de Cultura a comprometerse a abrilo canto antes para o desfrute da cidade e como motor de impulso do  turismo.

Ourense merece desfrutar dos tres edificios de maneira integrada

Sinala que hai xusto un ano, nunha visita ao complexo cultural, o Ministro de Cultura pedía desculpas pola retraso acumulado nas obras do Museo. “A mellor desculpa é comprometerse con feitos e garantir a súa apertura en breve e que os turistas e os veciños e veciñas poidan contemplar uns fondos que ofrecen un percorrido polos distintos pobos e culturas que habitaron a zona nos distintos períodos históricos”,  afirma Rego.

“Coidamos que non se poden xustificar máis demoras nun Museo pensado para exhibir importantes pezas históricas, arquitectónicas e culturais.