Luis Menor recibe ao coordinador da Federación de Asociacións e Municipios con Centrais Hidroeléctricas e Embalses

Reunión Luis Menor (Presidenta da Deputación de Ourense) con Francisco Gómez Sánchez e Borja Bafalluy Clua (Coordinador e técnico da Federación de Asociacións e Municipios con Centrais Hidroeléctricas e Encoros), acompañados de Rosendo Fernández (Deutado Provincial).

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañado polo deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, recibiu hoxe na sala de xuntas do Pazo Provincial, ao coordinador xeral da Federación de Asociacións e Municipios con Centrais Hidroeléctricas e Embalses (Femembalses), Francisco Gómez que asistiu á xuntanza co técnico da asociación, Borja Bafalluy. 

Durante o encontro, o presidente da Deputación lembrou o “importante peso e presenza” que ten a provincia de Ourense nesta entidade, tanto en número de asociados como en postos de responsabilidade. Neste sentido, anunciou que no vindeiro mes organizarase unha Comisión Executiva para clausurar este mandato e celebrar antes de final de ano a X Asemblea Xeral da Federación para renovar os seus órganos executivos de cara aos vindeiros catro anos. A Federación de Asociacións e Municipios con Centrais Hidroeléctricas e Embalses conta ao redor de 600 concellos adheridos, dos cales preto de 40 son da provincia de Ourense. 

AVANTAR ACTIVIDADES