Senén Pousa foi alcalde de Beade (Ourense) desde antes de que acabase a ditadura franquista e ata o pasado mes de maio. Non perdeu o bastón de mando por retirarse, senón porque o PP, baixo cuxas siglas concorreu durante 30 anos ás eleccións, retiroulle o seu apoio e presentou a outro candidato. Aos seus 84 anos, Pousa creou a Agrupación de Electores por Beade, coa que só conseguiu unha acta de concelleiro, a súa.
O exalcalde foi nomeado por un gobernador civil franquista fai case medio século, en 1974, para o cargo. Logo, xa en democracia, presentouse ás eleccións desde a primeira cita coas urnas, en 1979 e foi encadeando maiorías absolutas en Beade, un municipio que na actualidade ten menos de 400 habitantes. Concorreu baixo diferentes siglas: Coalición Popular –unha alianza de varias formacións de dereitas–, Centristas de Galicia e finalmente co PP, desde 1991.
Nunca abandonou a sua defensa do franquismo, aínda que iso non lle supuxo reproches do PP mentres estivo integrado nas súas filas.