O BNG esixe explicacións e celeridade no proxecto para o saneamento integral do río Barbaña

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Desde a formación nacionalista advirten da necesidade urxente de executar o proxecto para pór fin a “décadas de verquidos ilegais”, algo que ademais do evidente e negativo impacto ambiental está a supor cuantiosas multas aos Concellos afectados

A formación nacionalista ven de rexistrar preguntas tanto no Congreso dos Deputados como no Parlamento Europeo reclamando “información e impulso para a súa execución”

Ourense, 10 de novembro de 2023. Nos últimos días coñecíase a nova de que o proxecto para o saneamento intergral do río Barbaña sufrirá novos retrasos no que ten que ver coa tramitación do mesmo e en consecuencia, coa súa execución.

Para o BNG resulta preocupante que unha actuación prevista xa desde o ano 2018 “estea a día de hoxe xa non soamente sen executar senón que nin tan sequera saíu aínda a licitación”.

O saneamento intergral do río Barbaña, inclúe dentro das actuacións previstas a ampliación da actual EDAR do Concello de San Cibrao das Viñas, unha depuradora obsoleta e incapaz de “xestionar e depurar a elevadísima carga de augas residuais que recibe actualmente pois non falamos soamente das augas procedentes do Polígono de San Cibrao senón tamén do Polígono do Pereiro e dos núcleos de poboación de Paderne e Taboadela”.

O Portavoz municipal do BNG no Concello de Ourense, un dos Concellos máis afectados polos continuos verquidos e pola situación de contaminación na que se atopa o río Barbaña, Luís Seara afirma que “non é de recibo que este proxecto, con todo e que implica desde o punto de vista medioambiental máis tamén económico pois as multas por verquidos son continuas, sufra agora un novo retraso na súa concreción e, sobor de todo, na súa execución”.

Seara afirma que desde o BNG “concordamos coas reivindicacións do empresariado do Polígono de San Cibrao e a necesidade de que o porxecto se execute canto antes”.

Desde a formación nacionalista lembran que o saneamento do río Barbaña “é unha das nosas vellas reinvindicacións e que mesmo levamos de maneira reiterada tanto ao Congreso dos Deputados a través do noso deputado Néstor Rego como á Comisión europea a través da eurodeputada Ana Miranda”.

Unido ao anterior, o BNG anuncia que ven de presentar senllas preguntas no Congreso dos Deputados e no Parlamento Europeo “para coñecer polo miúdo cales son os axustes aos que se fai referencia para retrasar o proxecto e para que desde Bruxelas se impulse a súa execución”.