A obra de teatro “Almar” estreouse no auditorio do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta fin de semana, o auditorio do Carballiño acolleu un dobre pase da presentación da obra “Almar”,  que percorrerá posteriormente varios países do mundo. Todo un éxito entre o público que se puido desfrutar en primicia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A obra, interpretada pola carballiñesa Josi Lage e Gabriel Prada, conta a historia de amor de Albert Einstein e Margarita Konionkova, amor que fai moi pouco tempo saíu á luz. Ambos están dirixidos polo director uruguaio Raúl Rodríguez da Silva.

Os actores protagonistas amosábanse emocionados de estrear no Carballiño e de que este proxecto poida ver a luz despois de tanto traballo, o que supón unha inmersión completa na personaxe utilizando o método Stanislavski.