Máis de 161 concellos izan a bandeira galega en conmemoración dos 105 anos da I Asemblea Nacionalista

Durante esta semana,  a bandeira galega exhibiuse en varandas e fiestra de todo pais. Está acción   enmarcase na campaña que Vía Galega  vén desenvolvendo  para divulgar e propagar os nosos símbolosnacionais, o himno e a bandeira.

AVANTAR ACTIVIDADES

Eliximos esta semana, do 13 ao 18 de novembro, para conmemorar a efeméride da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala que se celebrou en Lugo o 17 e 18 de novembro de  1918. Cúmprense, por tanto, 105 anos  daquela  I Asemblea Nacionalista.  Por iso, hoxe,  día 18 de novembro, realizamos actos expansivos, ás 12 da mañá, en diferentes localidades de toda Galiza. Temos a confirmación  de que 165 localidades izaron a bandeira e,  xunto co izado, 51 localidades realizaran un acto, no que se recitaron  poemas relativos a nosa bandeira, houbo actuacións musicais  e leuse o manifesto referido  a xénese e significado dos nosos símbolos; á relevancia do manifesto nacionalista das Irmandades da Fala e ao dereito a exercer e existir como galegos e galegas.

Entre estas localidades  están   Compostela, A Coruña, Vigo , Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol, Teo, Ribeira, Outes, Pobra, Muros, Mazaricos, Arzúa, Fene, San Sadurniño, Cedeira, A Guarda, Melide, Foz, Moaña, Pobra de Brollón, Samos, Salceda, Tui,  Rianxo, Oroso, Taboada  Brión, Redondela,  Melide , Arzúa, Corcubión, Narón , Pontedeume, Soutomaior, etc.

Para  moitos destes actos  contouse co apio dos concellos, no que ten que ver  coa localización, a autorización e o apoio loxístico para colocar a bandeira para que siga ondeando no futuro. Temos, tamén, o compromiso doutros concellos que, por diferentes motivos, hoxe, non lle foi posíbel, mais que teñen  o compromiso  de colocala no futuro.

VÍA GALEGA  móstrase  moi satisfeita polo resultado desta xornada reivindicativa  de izado da nosa bandeira  e valora , tamén, moi positivamente a resposta activa para que  que está semana se contaran por miles as bandeiras que engalanaron o País e luciran nas fiestra e varandas.

Vía Galega continuará co propósito e  empeño de que todos os concellos  coloquen bandeiras galegas en lugares visíbeis e que permanezan no futuro. Pois se para todos os países os seus símbolos son importantes, para unha nación como a galega, sen estado de seu e sometida durante séculos a un proceso de total asimilación, aínda cobran maior relevancia. Son a expresión da nosa existencia como Pobo e do dereito a sermos libres. Os nosos símbolos nacionais únennos  como galegos e galegas e fortalecen a nosa identidade colectiva