
A Deputación de Ourense colabora coa 34ª edición do Festival do Teatro Galego (Fetega) que se celebrará do 13 ao 16 de decembro no Auditorio municipal do Carballiño. O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, coñeceu hoxe, no Pazo Provincial, os detalles desta nova edición da man do director do Fetega, Carlos Ledo e do concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández.
O Festival comezará o mércores 13 de decembro ás 11.30 horas co espectáculo infantil de Barafunda “Antón un neno diferente”. Ao día seguinte, a programación retomarase ás 20.30 horas con Redrum Teatro e o seu espectáculo “O pequeno poni”. O venres, 15 de decembro, será a quenda para Teatro do Noroeste con “As damas de Ferrol”, ás 20.30 horas. O Festival rematará o sábado, 16 de decembro, coa obra “Testosterona” de Malasombra, ás 20.30 horas.
As entradas xa poden adquirirse desde hoxe a través de ataquilla.com por un prezo de 8 euros por espectáculo, ou o bono de 20 euros que inclúe a entrada para as tres obras.
Para máis información: festivaldoteatrogalego.com.