O Pleno aproba continuar coas melloras da área industrial do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A corporación do concello do Carballiño reuniuse hoxe en sesión plenaria correspondente ao mes de novembro. En canto ás mocións presentadas polos grupos da oposición, o BNG pediu que se levasen a termo melloras solicitadas pola Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño. Entre elas, a necesidade de asfaltado dos viais, iluminación, a limpeza, reforzar a seguridade, e aumentar o número de contedores nalgúns viais.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Por parte da formación de Espazo Común, levaron ao pleno de novo que o concello do Carballiño solicite oficialmente ao Padroado da Fundación Irmáns Prieto e ao Protectorado da área de Política Social da Xunta de Galicia toda a documentación relativa ás actas das reunións, os balances económicos dos últimos 5 anos e os documentos de propiedade de tódolos bens da Fundación. Por parte do goberno local votaron a favor e iniciarán estas peticións.

Por outra banda, tamén piden que o concello realice unha auditoría de seguridade de todos os parques infantís existentes no termo municipal. O goberno local abstívose alegando o actual proceso de reforma de varios deles e a intención de seguir mellorando o seu estado.  

O Partido Popular pediu que o concello consiga a titularidade da actual casa sindical para o uso dos veciños, alegando a falla de instalacións municipais. Os grupos da oposición votaron a favor sempre que se teña en conta a opinión dos sindicatos e o CCA, quenes ocupan actualmente o edificio.