Ribeiro en Común critica que este ano non haxa Apalpador do Nadal de Ribadavia.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PP expulsa a figura do Apalpador do Nadal de Ribadavia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta figura tradicional do Nadal, que foi recuperada fai décadas en Galicia, tivo moi boa acollida en Ribadavia nestes últimos anos coa súa inclusión na programación por parte da anterior concellaria de Cultura.
Desde Ribeiro en Común solicitamos ao novo goberno que recapacite e continúe coa labor de divulgación desta figura, que tanta ilusión despertou nos nenos e nenas, e que mantivo moi boa relación con outras figuras do Nadal como o Papá Noel e os Reis Magos.
– Programa de Nadal insuficiente, xa que foi recortado respecto a anos anteriores.
1. Presentan o tradicional “Ribanadal” con escasos días de duración, cando con nós duraba todas as vacacións escolares, ata xaneiro.


2. Eliminan actividades centrais con moito éxito, como foi o carrusel durante os últimos anos, e anteriormente a pista de xeo. Sen que oferten ningunha alternativa.
Este programa que o PP presenta, é claramente insuficiente para o que Ribadavia demanda, como centro do Nadal no Ribeiro que é. E ademais, pretende ocultarse en actividades doutros entes que nada teñen que ver coa Concellaría de Cultura do PP.
Ribeiro en Común pide que se manteña a continuidade con estas actividades que tan boa acollida tiveron e teñen na nosa sociedade.