1 – Por un lado a nivel internacional comprácenos anunciar que: Buscamos 3 persoas para participar nun Curso de Formación Internacional financiado polo programa Erasmus+ e titulado “Liderazgo creativo no traballo xuvenil”, que terá lugar do 18 ao 22 de marzo de 2024 en Brežice, Eslovenia.
O curso de formación ten como obxectivo capacitar aos participantes con habilidades de liderado esenciais para interactuar eficazmente coas novas xeracións mozas, a través de métodos de aprendizaxe experiencial que salientan a participación activa e a aprendizaxe exploratoria, o curso está deseñado para crear unha contorna que fomente a innovación, a colaboración e o éxito sostible.
Os resultados desta capacitación equiparán aos participantes con estratexias tanxibles que poden implementarse dentro das súas organizacións.
Para máis detalles podedes escribirnos ao correo omix.ribadavia@gmail.com e identificar no asunto do correo o título do curso “Liderazgo creativo no traballo xuvenil”. No correo indicádenos o voso nome, apelidos, idade e contacto e-mail.

2 – A nivel nacional:
Búscamos a 2 persoas que queiran participar no Seminario Internacional “COOPERaction: Como poden os proxectos Eramus+ influír na vida da mocidade europea?”
Será un Seminario de 7 días que levará a cabo do 25 de febreiro ao 2 de marzo de 2024 en Madrid.
Os países involucrados son Albania, Armenia, Italia, España, Bulgaria, Ucraína, Macedonia do Norte, Acerbaixán e Turquía. Contará con 23 participantes.
O obxectivo é concienciar e profundar nas oportunidades do programa Erasmus+, a través de solucións educativas e informativas innovadoras e apropiadas para que a mocidade
comprenda a importancia e necesidade da implementación e participación en programas do Erasmus+ tanto a nivel social como persoal.
As persoas interesadas deberán escribirnos indicando o nome do seminario no asunto do correo electrónico e poderemos enviar máis información e cómo inscribirse nesta actividade financiada polo programa Erasmus+ (gastos de viaxe, aloxamento e manutención):

3 – A nivel local ampliamos prazas para as seguintes actividades de inverno para a mocidade en Ribadavia:
