Os representantes municipais do PP na Limia apostan polo diálogo na procura de solucións á falta de pediatras na comarca

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Anuncian que non acudirán á manifestación convocada en Xinzo para mañá sábado, día 30

Destacan que desde o primeiro momento apoiaron as reclamacións da plataforma Loita Pediatras da Limia, mesmo tamén expresando o seu acordo cunha comisión negociadora integrada por membros do citado colectivo e alcaldes da comarca para manter una reunión coa Consellería de Sanidade 

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

·        Esta reunión vaise celebrar o próximo día 9 de xaneiro en Santiago co conselleiro de Sanidade, “polo que non entendemos a urxencia coa se convoca a manifestación”

29, decembro, 2023. As alcaldesas, alcaldes e portavoces do Partido Popular na comarca da Limia acordaron non participar na manifestación convocada para mañá sábado, 30 de decembro, na capital antelá, en demanda de solucións á falta de profesionais de pediatría.

Os representantes populares destacan que desde o primeiro momento apoiaron as reclamacións da plataforma Loita Pediatras da Limia, mesmo tamén expresando o seu acordo coa creación dunha comisión negociadora integrada por membros do citado colectivo e alcaldes da comarca, co fin de manter una reunión coa Consellería de Sanidade.

Con todo, subliñan desde o PP da Limia, “a nosa principal aposta sempre foi o diálogo, como así o defendemos na reunión celebrada no Concello de Xinzo, onde cómpre lembrar que tamén pedimos expresamente aprazar calquera mobilización ata que se produza a reunión cos responsables de Sanidade”.

Esta reunión, engaden, vaise celebrar o próximo día 9 de xaneiro en Santiago co conselleiro de Sanidade, “polo que non entendemos a urxencia coa se convoca a manifestación do sábado”.

Para os representantes municipais do PP na comarca, “organizar esta concentración sen coñecer o resultado dunha entrevista que aínda non se produciu e cunhas eleccións autonómicas xa convocadas só vai procurar a politización partidista dun problema que afecta que afecta a todos os país e nais da comarca, con independencia de cores políticos”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------