O concello prepara unha programación especial polos 150 anos do nacemento de Antonio Palacios

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Coincidindo co 150 aniversario do nacemento de Antonio Palacios, que se cumpre o próximo 8 de xaneiro, O Carballiño e máis concretamente o Templo da Vera Cruz, obra póstuma do arquitecto porriñés, cobran un especial protagonismo nesta efeméride.Así, está previsto desenvolver diversas iniciativas ao respecto, comezando por unha conferencia do arqueólogo e museólogo Felipe Senén, que impartirá nesa data na Casa da Cultura co título de “A Veracruz do Carballiño: testamento arquitectónico de Palacios”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O programa que ultima a área de Cultura do Concello continuará con máis actos que se anunciarán nos próximos días e nos que colaboran o Centro de Estudios Chamoso Lamas e o Instituto de Estudios Carballiñeses.

En relación coa efeméride, diversas institucións e entidades están a desenvolver actividades salientables. Entre elas, a exposición titulada “Antonio Palacios. El rumor de la historia, el ruido del tiempo. Dibujos de arquitecturas externas a Madrid”, elaborada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid e a Fundación Arquitectura COAM coa colaboración do Concelllo de Madrid, que finaliza o 12 de xaneiro e que despois vaiaxará ás cidades da Coruña e Vigo. Conta cun amplo catálogo no que Felipe Senén escribiu un magnífico artículo a propósito da simboloxía e significado da obra palaciana, específicamente, a obra desenvolvida en Galicia, cunha aportación concreta no que respecta ao Templo da Vera Cruz, que o arqueólogo e museólogo carballiñés estudou a fondo, e que está ilustrado con debuxos, planos e fotografías alusivas á construcción do templo, facilitadas polo Arquivo da Parroquia do Carballiño, o Arquivo do Concello do Carballiño e do propio Felipe Senén, entre outros. Tamén inclúe un documental no que o Templo da Vera Cruz do Carballiño é unha das pezas clave no tocante aos proxectos de índole relixiosa de Palacios.

Outros documentais están a ser elaborados por distintas productoras e institucións, e a preestrea de algún deles realizarase precisamente no Carballiño.