O BNG ratifícase ao asegurar que “o Concello de Ourense está nunha situación económica moi crítica que pon en perigo a súa estabilidade”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Logo de ter coñecemento do escrito de alegacións presentado polo Interventor ao expediente de cese/remoción promovido polo Alcalde do Concello Gonzalo Pérez Jácome, desde o Grupo municipal do BNG, a través do seu Portavoz Luís Seara, afirman que “moitas das denuncias que figuran no escrito de alegacións referidas ao procedemento e conformación de boa parte dos expediente xa foron postas de manifesto polo BNG en reiteradas ocasións ao longo dos últimos meses”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Luís Seara ten claro que “estes feitos corroboran o que levamos meses argumentando desde o BNG, a jolperización do Concello de Ourense cun Alcalde que obvia e ten un absoluto desprezo polos procedementos establecidos, que é opaco na súa xestión e que dilapida cantidades inxentes de cartos ao tempo que practica o abuso de poder, o acoso laboral, e non o dicimos nós senón unha sentenza xudicial e a intimidación xa que o acontecido co Interventor ao igual que coa Tesoureira é un aviso ao resto de traballadores e traballadoras, quen non sexa funcional aos meus intereses, terá problemas, o coñecido como modo DO”.

É que desde a formación nacionalista lembran que o expediente aberto ao Interventor municipal non é o único pois hai meses tamén se aperturou outro para o cese da Tesoureira, “curiosamente aos dous altos funcionarios encargados da fiscalización económica da acción de Goberno”. Ao tempo, poñen de manifesto as continuas descualificacións cara as e os empregados públicos “que os sitúan nunha posición de debilidade diante da veciñanza, xa que en certa medida e chegado o caso, pode verse lexitimada para actuar de xeito similar, avalada polo propio comportamento do alcalde”.

No BNG volven incidir na grave situación económica na que se atopa o Concello. Segundo Luís Seara, “a cantidade de facturas que hai nos caixóns, a totalidade das concesións administrativas caducadas ou en precario, as continuas reclamacións xudiciais e os inxentes xuros de demora sitúan ao Concello nunha situación de quebra técnica”. Para o BNG, “a continua victimización de Jácome soamente pretende ocultar a súa propia incapacidade para gobernar e xestionar o Concello”.