PUBLICADO NO BOP
Ribadavia, 8 de xaneiro de 2024
Sendo a hora sinalada, constitúense na Sala de Audiencia do
Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ribadavia,
a presidenta, dona Gloria María Corral de Burgos, e os vogais
xudiciais nomeados pola Sala de Goberno do Tribunal Superior
de Xustiza de Galiza, Don Eduardo Filgueira Rodríguez, Xuíz de
Paz de Leiro e Dona María de los Ángeles González Gómez,
Xuíza de Paz de Melón, así como a Secretaria de dita Xunta
dona María del Carmen Félix Bermúdez, Letrada da
Administración de Xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e
Instrución núm. 1 de Ribadavia.
Acto seguido acordase poñer en coñecemento da Xunta
Electoral Provincial de Ourense dos locais oficiais e lugares
públicos que se reservan para a realización gratuíta dos actos
de campaña electoral e da colocación de carteis en cada un dos
Concellos para as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 18 de
febreiro de 2024, tal e como dispón o artigo 57.1 de la LOREG.
Concello de Arnoia
Locais:
- Local baixo da antiga escola do Pumar.
- Local baixo antiga escola de Laixa.
- Pavillón polideportivo municipal.
- Salón de actos da Cooperativa.
Lugares para fixación de carteis: - Parede peche do Campo de fútbol municipal.
- Marxe dereita OU-402, dende Laixa ata Outeiro Cruz (ata o
antigo edificio da cooperativa).
Concello de Avión
Locais:- Palcos de música de: San Estebo e Amiudal.
- Espazo da festa en: Abelenda e Barroso.
- Campo da feira en: Avión-capitalidade.
Lugares para fixación de carteis: - Palcos de música de: San Estebo e Amiudal.
- Espazo da festa en: Abelenda e Barroso.
- Campo da feira en: Avión-capitalidade.
Concello de Beade
Locais:- Praza de España, sendo a súa utilización todos os días de
campaña, a partir das 20:00 horas.
Lugares para fixación de carteis: - Lugar de Eira e Pista Polideportiva.
Concello de Carballeda de Avia
Locais:- Os locais e prazas públicas deste municipio.
Lugares:
Abelenda: - 1 Centro do pobo (fronte ao bar Novo).
-1 Estrada OU-0306 (fronte ao cemiterio).
Carballeda de Avia: - 1 Parede do Velorio.
- 1 Centro do pobo (ao lado bar moderno).
Villar de Condes: - 1 Centro do pobo (fronte á fonte).
Muimenta: - 1 Praza do pobo.
Faramontaos: - Varanda (fronte a Igrexa).
A Veiga: - Varanda (fronte a capela).
Beiro: - Estrada OU-212 (fronte campo festa).
A Costeira: - 1 Centro del pueblo (fronte a fonte).
San Esteban: - 1 Centro do pobo (fronte a fonte).
Saa: - 1 Centro do pobo.
Vilariño: - 1 Centro do pobo.
As Fermosas: - 1 Centro do pobo.
Prados: - 1 Centro do pobo.
Laceiras: - 1 Centro do pobo.
Balde: - 1 Centro do pobo.
Concello de Castrelo de Miño
Locais:- Salón de actos do Albergue Parque Náutico, con terreo contiguo, emprazado no pobo de As Cortiñas e campo de deportes
emprazado no pobo de Barral.
Horario de uso: calquera día e hora. - Edificio Centro Sociocomunitario de Macendo emprazado no
pobo de Tallón. Campo da festa, con palco de música no centro,
e cuberto, duns 800 metros cadrados, emprazado no lugar de
Tallón, na parroquia de Macendo.
Horario de uso: calquera día e hora. - Salón de Actos da Casa do Concello, emprazado na avda. do
Concello, 18.
Horario de uso: calquera día e hora.
Lugares para fixación de carteis: - Na parroquia de Astariz, o Campo de Deportes do CEIP
Castrelo de Miño, peche do mesmo e os postes de iluminación
pública. - Na parroquia de Macendo , o solar da Concentración Escolar
de Macendo, sito en “Couso”, o denominado “Campo da Festa” e
os postes de iluminación pública. - Na parroquia de Santa María , o terreo denominado Parque
Náutico, peche do mesmo e os postes de iluminación pública. - Na parroquia de Barral, o campo de fútbol municipal, muro
de contención do camiño de “Aira” e os postes de iluminación
pública.
Concello de Cenlle
Locais:- Parroquia de Villar de Rei, edificio escolar (capacidade entre
40 e 60 persoas).
Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 8 · Mércores, 10 xaneiro 2024 7 - Parroquia de Cenlle, Biblioteca municipal (capacidade entre
30 e 50 persoas).
Lugares: - Muralla sostén do campo da feira de Barca de Barbantes, de
unha lonxitude de 50 metros de largo por uns 3 de ancho.
-Edificio escolar de Cenlle, de uns 220 metros. - Edificio escolar de Esposende, de uns 200 metros.
- Edificio antiga fundación de Rioboo, de uns 300 metros.
- Farois de iluminación pública municipal.
Concello de Leiro
Locais:- Centro cívico de Leiro, sito na rúa Leiro Pequeno.
- Antigas escolas unitarias do concello sitas en Berán
(Carreira), Paredes, Nogueira, Corneira e Orega. Horario de
uso: calquera día e hora. - Lugares abertos ó público: Campo de fútbol de Leiro, terreos
do cámping; Praza do Cruceiro en Leiro e campo da Feira en
Leiro.
Lugares para fixación de carteis: - Campo da feira en Leiro, cunha superficie aproximada de
100 metros cadrados para a colocación de carteis sobre soportes. - Paseo fluvial, para a colocación de carteis sobre soportes.
Concello de Melón
Locais:- Centros culturais de Melón e Barcia e pavillón de Quins.
Lugares para fixación de carteis: - Muros que circundan o Parque de Melón.
- Centro de saúde de Quins.
- O Carballal, fronte ao antigo bar, en Barcia.
- As pancartas e bandeirolas poderán ser colocadas unicamente nos postes de formigón, nunca nas luminarias de fundición.
Concello de Ribadavia
Locais:- Pavillón polideportivo, que dispón de bancada para 500 persoas e pode ser utilizado tódolos días da semana agás os sábados e domingos.
- Auditorio da Casa da Cultura, cunha capacidade para 350
persoas. - Centro social de Francelos cunha capacidade para 100 persoas.
- Centro social de San Cristovo cunha capacidade para 100
persoas. - Centro social de San Paio cunha capacidade para 100 persoas.
Lugares para fixación de carteis: - Avda. de Redondela e rúa Eladio Rodríguez; varanda existente no cruce da estrada Ribadavia – O Carballiño e varanda de
San Francisco; farois existentes na rúa Progreso, rúa Ribeiro,
rúa Carballiño e N-120 (A Quinza).