A Deputación aproba as bases da convocatoria de subvencións para o fomento das actividades escénicas e musicais de 2024

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. AsitenLuis Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 A xunta de goberno da Deputación de Ourense celebrou esta mañá a súa sesión ordinaria, na que foron aprobadas as bases reguladoras da convocatoria do concurso para a concesión de subvencións para o fomento das actividades escénicas e musicais 2024. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O obxecto das achegas reguladas nesta convocatoria é o financiamento parcial da realización de actividades escénicas e musicais con carácter público na provincia de Ourense, promovidas por persoas físicas, xurídicas ou agrupacións sen personalidade xurídica. Serán beneficiarios directos as persoas físicas ou xurídicas ou as agrupacións sen personalidade xurídica, domiciliadas fiscalmente na provincia de Ourense que, a instancias dos promotores, realicen ditas actividades escénicas e musicais. 

Segundo recollen as bases, a contía total máxima das achegas é de 90.000 euros, e o importe subvencionable será do 50% do custo total de cada actuación, que serán os seguintes: Bandas de música (900 euros, no caso de bandas de 26 ou máis membros, engadiranse 25€ por cada membro, ata o límite máximo de 50 membros); grupos de gaitas (300 euros, ata 5 compoñentes); bandas de gaitas (300 euros máis 25€ por cada compoñente que exceda de cinco, ata un tope de 25 membros); charangas (500 euros ata 10 compoñentes, 650 euros para máis de 10 compoñentes); orfeóns e corais (650 euros); grupos de rock, folk, jazz, pop e similares (900 euros); grupos de danza folclórica (600 euros); grupos de teatro, magos, pallasos e malabares (600 euros); outras (600 euros). 

Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se realicen a partir do 1 de febreiro de 2024, podéndose solicitar a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria deste concurso na Base de Datos Nacional de Subvencións ou no Boletín Oficial da Provincia.