A candidatura do Psdeg de Ourense á Xunta de Galicia defende a potenciación do termalismo, fronte ao modelo da xunta que perxudica á provincia, e á recuperación do casco histórico

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nun encontro que mantiveron diferentes integrantes da lista para as vindeiras eleccións autonómicas, con representantes do Foro Liceo, expuxeron a necesidade de cambiar a dinámica para mellorar a calidade de vida da cidadanía e atraer turismo

A derogación ou modificación da lei de aproveitamentos termais da Xunta, a necesidade dun plan de vivenda e rehabilitación para a capital ou o desenvolvemento urbanístico e a recuperación do casco histórico foron outros dos asuntos que se trataron

Ourense, 25 de xaneiro de 2024. Integrantes da candidatura do PSdeG á Xunta de Galicia mantiveron esta mañá un encontro con representantes do Foro Liceo para abordar diversas problemáticas nas que Ourense leva sumida demasiado tempo. As números un e tres e cinco da lista dos socialistas pola provincia, Carmen Rodríguez, Aurea Soto e Xurxo Doval; subliñaron que o vindeiro goberno autonómico ten que equilibrar a balanza para que remate o modelo a dúas velocidades do PP de Rueda e Feijóo.

Neste senso, puxéronse sobre a mesa as necesidades que presentan tanto a cidade como a provincia no que aos seus recursos termais se refire. “Claro que é imprescindible un compromiso económico para impulsar novas infraestruturas termais, pero non o é menos revitalizar as xa existentes que permanecen pechadas ou a medio gas”, indicou Carmen Rodríguez Dacosta. Todo co obxectivo de explotar a riqueza da que dispón Ourense para atraer turismo á vez que se mellora a calidade de vida dos ourensáns e ourensás.

A derogación ou modificación da lei de aproveitamentos termais da Xunta; a necesidade dun plan de vivenda e rehabilitación para a capital; o desenvolvemento urbanístico e a recuperación do casco histórico; a potenciación do campus universitario co soterramento da avenida Otero Pedrayo ou mellorar a conectividade con Lugo e Valdeorras foron outros dos asuntos que se puxeron sobre a mesa.