Sete artistas do Carballiño calusuran a mostra de pintura “Xuntos pola arte”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A mostra de pintura “Xuntos pola Arte”, de sete artistas do Carballiño e comarca, estivo exposta no salón anexo do auditorio durante todo o mes de xaneiro. Os artistas que participan son Joaquín Moldes, Antón Barros, Julio Calvo, María José González, Estrella Abel, Felipe Bardelás e Juan Andrés Conde. Amosáronse satisfeitos con esta iniciativa, que pretenden repetir ano tras ano.

Hoxe tivo lugar a súa clausura, na que ademais se fixo o sorteo dunha das obras. Nunha furna, os visitantes debían entregar un relato sobre o que transmitía esta creación. O relato que máis se asemexara ó escrito polo propio autor era o gañador, que neste caso foi María del Pilar Vázquez.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Estivo presente hoxe tamén o concelleiro de Cultura, que sinalou a súa aposta por iniciativas coma esta que dan valor aos artistas da comarca.