A MIT convoca unha nova edición do Premio Abrente

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Apróbanse as bases do Premio Abrente, que aumenta a súa dotación ata os 4.000€ e sigue garantindo o apoio da edición e da escenificación das obras dramáticas gañadoras. O premio consolidouse como un dos principais símbolos de apoio constante á creación escénica en galego.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En Ribadavia xestouse unha oportunidade internacional de relación sostible da creación escénica galega coa exterior. Foi hai 40 anos, despois da etapa do teatro independente e da Transición. Hoxe, vai chegando, paseniño, a cotas de prestixio internacional. Segundo o Informe anual do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, publicado hai uns días, a MIT é o único proxecto cultural destacable das provincias do interior galego -Lugo e Ourense- en 2023:  HYPERLINK “https://www.lafabrica.com/observatorio-de-la-cultura/”https://www.lafabrica.com/observatorio-de-la-cultura/ 

Este feito, lonxe de contentarnos, obríganos a pensar na febleza e precariedade do sistema cultural galego e da súa pouca relevancia a nivel estatal ou internacional. A MIT consegue manter con certa dignidade as súas accións e compromisos grazas a dous factores claros nos últimos anos, o crecemento do público e o respaldo económico do Ministerio de Cultura. Os seus compromisos, profesionalidade e innovación seguen a ser motivo de orgullo para os galegos e galegas, que a senten como a súa capital teatral, cunha oferta de primeiro nivel, nun contexto patrimonial excepcional.

O Premio Abrente foi apoio e canteira de dramaturgas hoxe consolidadas como Esther Carrodeguas, novas voces saídas da ESAD de Galicia coma Ana Abad de Larriva ou Nerea Brey e autores xa con longa traxectoria artística como Roberto Salgueiro ou Manuel Lourenzo. É unha das moitas actividades paralelas do festival, que non se limita á exhibición de espectáculos, entendendo o evento como un lugar de crecemento, lecer, encontro, pensamento, creación e acompañamento e, por enriba de todo, como un ben colectivo que camiña cara a garantía pública do dereito cidadán á cultura.

Máis información e bases completas en:

mitribadavia.gal/premio-abrente