O Cine club remata febreiro coa proxección dun filme de animación español

Este venres día 23 o Cine Club pecha a programación de febreiro cunha película española de animación, “Dispararon al pianista”, segunda colaboración entre Fernando Trueba e Javier Mariscal, que tan bos resultados dera xa en Chico e ritaDispararon al pianista é unha mistura de intriga, musica e drama ambientada nos anos 60 e 70, na época xusto anteiror ás dictaduras do cono sur latinoamericano. Narra a historia de Tenorio Jr., pianista habitual de Vinicius de Morais, e que desapareceu misteriosamente. Conta con unha excelente banda sonora con música de Vinicius, Caetano Veloso, Gilberto Gil ou Paulo Moura. O filme destaca tamén pola beleza dos seus debuxos.

Os pases serán coma sempre ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en vos no Auditorio Manuel María do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES