O BNG censura unha vez máis ao Goberno Local pola falla de planificación no referido ao transporte público

O Grupo municipal do BNG cuestionou esta mañá nas Xuntas de Área ao Executivo Local sobre as frecuentes avarías dos autobuses eléctricos así como pola falla de planificación no servizo

AVANTAR ACTIVIDADES

Os nacionalistas tamén se interesaron por coñecer polo miúdo o recente cambio de mobiliario na Concellería de Urbanismo e a enésima reorganización da mesma

Ourense, 12 de marzo de 2024. Nas Xuntas de Área celebradas esta mañá por parte do Concello de Ourense, a falla de transparencia e de información, voveu ser a tónica dominante en todas elas, algo que denuncian unha vez máis desde o Grupo municipal do BNG.

De entre todas as cuestións plantexadas, os nacionalistas fixeron especial fincapé en coñecer os motivos polos cales se procedeu ao cambio de mobiliario na Concellería de urbanismo, que se vai facer co mobiliario retirado e que se atopaba “en perfecto estado de uso” e, sobor de todo, os motivos polos que ningún funcionario ou responsable municipal supervisou os traballos tendo en conta “a cantidade inxente de documentación sensible alí almacenada”.

Outra das preguntas plantexadas xirou en torno as continuas avarías que os autobuses eléctricos están a padecer desde a súa entrada en funcionamento. Segundo o Portavoz do BNG Luís Seara, “o Concelleiro delegado afirma descoñecer os motivos de ditas averías, como tampouco soubo concretar cando entrarán en funcionamento os outros oito autobuses eléctricos”. E é que tal e como sinalan desde a formación nacionalista, “de momento non poden entrar en servizo pois por mor da falta de planificación que vimos denunciando, soamente se instalou un cargador na nave da empresa concesionaria”.

Servizos Sociais.

Na Xunta de Área de Servizos Sociais, Rhut Reza lamentou a actitude da Concellleira delegada, “quen non facilitou nin información nin respostas”.

Urbanismo e Infraestruturas.

A situación calamitosa na que se atopan varias rúas da cidade, nas que tanto o firme como as beirarrúas son obxecto constante de queixas por parte da veciñanza, tamén foi obxecto de análise na Xunta de Área. O Concelleiro Xosé Manuel Puga interpelou ao Goberno para coñecer se desde o Concello se lle vai esixir á Xunta de Galiza, titular de algunhas das rúas máis afectadas como pode ser a rúa do Progreso ou a Avda de Zamora, “actuacións urxentes conducentes a solventar as múltiples deficiencias que ambas rúas acumulan”.

Puga afeoulle igualmente ao Concelleiro delegado a nula capacidade de interlocución co Goberno galego e o feito de “ter recepcionado obras executadas pola Xunta con graves deficiencias, tal e como sinalaron xa no momento de realización dos traballos, os propios técnicos municipais”.

Dinamización municipal.

A Concelleira Erea Blanco interesouse polos cursos da nova Escola Municipal Continua e afeoulle ao Goberno “a falta de planificación, a escaseza na oferta e que a día de hoxe aínda non comezaran cando o seu inicio anunciouse para o 1 de marzo”, e engade, “os criterios de selección son arbitrarios, pouco claros e non respostan á realidade”.