Este sábado (día 16) na tenda OZOGOgz presentación do xogo de rol Mitogali

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O sábado 16, ás 12:30 temos unha presentación moi especial, estarán con nós as xentes de Dornavela Edicións para falarnos e facernos unha demostración do xogo MITOGALI.

MITOGALI é un xogo de rol enteiramente galego, pola temática, polo creador, polo deseñador, polo maquetador, pola editorial, pola lingua.

COMERCIAL ORCELLÓN

Meigas, mouras, tardos, nubeiros, lamias, urcos, pupieiriñas… son parte das personaxes que poboan o noso rico patrimonio cultural de seres mitolóxicos, seres que forman parte da nosa vida, da vida dos nosos avós e avoas, seres aos que coñecemos grazas aos contos de vellos e vellas ao pé das lareiras, seres que pouco a pouco se están a perder na memoria colectiva, que pouco a pouco imos esquecendo por descoñecemento.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------