A Xunta prohibe desde mañá ata novo aviso as queimas agrícolas e forestais a particulares

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A partir de hoxe, 22 de marzo, quedarán prohibidas ata novo aviso as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas realizadas polo Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, debidamente planificadas e dispostas dos medios de extinción necesarios. Isto implica que non se darán máis permisos e que se suspenderán os xa concedidos a partir deste venres.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e tras analizar polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de incendio. Tamén dado que a normativa -Decreto 105/2006, polo que se regulan as medidas relacionadas coa prevención de incendios forestais, a protección dos asentamentos no rural e a regulación da explotación e repoboación forestal- prohibe a queima cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

Así mesmo, a Consellería de Medio Rural pide a colaboración da cidadanía para extremar as precaucións e denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que dende este venres e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agraria e forestal. para particulares. Ademais, a Consellería lembra que está a disposición dos cidadáns o teléfono gratuíto 085, ao que deberían chamar se detectan algún incendio forestal.