O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso repite a última entrega de “Kung Fu Panda”. Po, que se converterá no Mestre Espiritual do Val da Paz, busca o seu sucesor como o novo Guerreiro Dragón mentres loita contra un novo inimigo chamado “O Camaleón”.
Poderase ver o venres ás 18:00 horas e o sábado e o domingo ás 16:00 horas.
Por outra banda, a última estrea co filme “Matusalén”. “O envellecemento é inevitable, madurar é opcional” esa é a máxima de “El Alber”, un rapero que con 44 anos matricúlase na universidade por unha aposta co seu pai. Se non as superas todas terás que deixar para sempre “esa tontería do rap”. Na universidade, Alber coñece a Amaia, condutora de radio e profesora alí, e descobre que lle faltaba algo moi importante na súa vida: o amor.
Poderase ver o venres ás 20:00 horas e o sábado e o domingo ás 18:00 horas e ás 20:00 horas.