Esta mañá, o salón de plenos, acolleu a presentación da inauguración dunha iniciativa posta en marcha entre o concello do Carballiño e a Asociación Fotográfica O’Potiños. Neste caso, a mostra será “Detalles da Veracruz”, unha homenaxe polo 150 nacemento de Antonio Palacios, o arquitecto desta obra.
Esta actividade enmárcase dentro dun programa que está elaborado polo concello do Carballiño en colaboración con diversas entidades culturais coa finalidade de poñer en valor a súa obra. O concelleiro de Cultura sinalou a importancia de celebrar este aniversario e facelo dende esta terra.
O`Potiños amosouse moi satisfeito co encargo feito polo concello e co resultado. Trátase dunha compliación de 28 fotografías que estarán expostas no interior da casa do concello ata finais do mes de maio.