A Deputación de Ourense investirá máis de medio millón de euros na mellora da rede viaria provincial en nove concellos

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Deputación de Ourense vén de sacar a licitación o proxecto de reforzo de firme con mestura bituminosa en quente en diferentes estradas provinciais por importe de  530.690 euros. Este proxecto define obras de conservación de firme-fresado, rega de adherencia, nova capa de rodadura con mestura bituminosa en quente e reposición de sinalización horizontal- en varias treitos de estradas provinciais, nunha lonxitude total aproximada de 5,5 quilómetros.

Estas actuacións levaranse a cabo en diferentes estradas dos concellos de Allariz, Xunqueira de Ambía, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Monterrei, Cualedro, Rairiz de Veiga, San Cibrao das Viñas e Ourense.

Estas obras de conservación permitirán prolongar a vida útil dos firmes e mellorar as súas características superficiais, logrando unha maior textura e resistencia ao deslizamento e regularidade superficial.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------