A Insua dos Poetas celebrou o Día do Libro con escolares ourensáns

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Fundación Insua dos Poetas celebrou hoxe na súa paraxe cultural o Día Mundial do Libro. Os protagonistas foron os escolares de seis centros educativos da provincia: IES de Bande, IES Ferro Couselo de Ourense, CEIP de Seixalbo, CEIP de Maside, Luis Vives de Ourense e Vila do Arenteiro do Carballiño. Dende 2015, a Insua celebra esta data como mostra de dinamización e de compromiso cultural.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os estudantes realizaron diversas actividades e intervencións para conmemorar este día, como lectura de fragmentos de obras de referencia, entre outras. Foron agasallados con lotes de libros destinados ás bibliotecas dos centros educativos. Neste acto tamén estivo presente o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López; o director xeral de cultura, Anxo Lorenzo, e a Deputada de Política Sociais, Patricia Torres, a alcaldesa do Irixo SusanaIglesias e o concelleiro de cultura Diego Fernández. Ambas administracións amosaron a importancia de levar a cabo actividades que fomenten a lectura e a cultura dende a infancia, apoiando as iniciativas da Fundación.

Esta xornada de exaltación da lectura desenvolveuse con variadas actuacións de música, danza, recitado de poemas e pequenas pezas teatrais por parte do alumnado.

Nas súas palabras, Luís González Tosar, reivindicou o carácter rural da Insua dos Poetas e solicitou que esta iniciativa que conta con 20 anos de andadura, sexa tida en conta no futuro Plan de Dinamización da cultura no rural de Galicia ( ADIVAL).