Moción do Partido Popular sobre o feísmo arquitectónico no concello de Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O feísmo en Galicia é un fenómeno que se refire á presenza de construcións ou elementos visuais que afectan negativamente á paisaxe debido o seu aspecto pouco estético ou descoidado.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Algunhas observacións sobre O Carballiño:

•Burbulla inmobiliaria: Durante a burbulla inmobiliaria, O Carballiño experimentou un crecemento desmedido na construción de vivendas e edificios. A coartada para este desenvolvemento foi a necesidade de aloxar as sucesivas oondadas de recien chegados. Sen embargo, este enfoque non considerou a identidade única da vila e levounos a unha proliferación de construcións sin ter en conta o contexto local.

•Planes    urbanísticos:    os planes    de    ordenación    urbana en Carballiño non funcionaron como se esperaba. En lugar de deseñar pobos tendo en conta a identidade de cada vila, se crearon bloques de construción similares en Galicia. Esta falla de consideración pola singularidade de cada localidade contribuíu ao feísmo da rexión

A pesar destes desafíos, é importante recordar que el feísmo non é irreversible. Pódense tomar medidas para revitalizar o entorno e mellorar a estética das cidades.

O que nos referimos é podemos actuar fundamentalmente: A casas empezadas e sen acabar en estado de abandono.

Vemos na rúa 25 de xullo varios esqueletos de edificios sen acabar, un o lado do Mercadona na entrada do pobo e outro máis adiante; nalgún xa ocorreu  algún accidente e seguen abandonados.

Na rúa Astureses 38 hai un edificio abandonado e con perigo de derrube por estar inclinada a estrutura.

Na baixada de flores en fronte da bodega hai un edificio en ruínas dende moitos anos.

Na rúa Cesáreo Tizón o lado do Froiz existe outro edificio de 4 pisos sen acabar.

Na praza da Veracruz, este leva abandonado menos tempo pero e importante arranxalo pola importancia do lugar.

Rúa de Eusebio Lorenzo Baleirón hai varios edificios sen rematar.

A entrada do Carballiño coas chabolas nas que non facemos nada na parte do Concello do Carballiño.

Polo que solicitamos :

Que o concello tramite a caducidade das licenzas de obras sen rematar ou obrigue aos donos a rematalas.

Axuda os veciños na tramitación de subvencións para loitar contra o feísmo nas casas abandonadas e sen acabar.

Que o Concello traballe para solicitar axuda á Xunta e Estado para erradicar o Chabolismo no noso Concello.