O Cine Club do Carballiño proxecta mañá “El valle de la esperanza”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Cine Club Carballiño comeza o mes de maio coa proxección do filme “El valle de la esperanza”. Líbano, verán de 1958. Tres irmás pertencentes á boa sociedade cristiá están de vacacións nas montañas libanesas. A tranquila vida da cidade vese sacudida polos ecos dunha revolución que resuena en Beirut e pola chegada de dous veraneantes franceses. Pero é dentro da familia onde se produce a turbulencia. A irmá maior, Layla, unha nai e muller perfectas, abrirá os ollos á sociedade patriarcal que as mantén baixo control. No mozo Líbano que soña cunha idade de ouro, pode unha muller ter un destino diferente ao que debuxan os homes?

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Poderase ver coma sempre en sesións ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas, en versión orixinal subtitulada. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------