A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de 8 clubs de toda Galicia

PRESENTACIÓN IX COPA DEPUTACIÓN DE NATACIÓN SINCRONIZADA. O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, asiste á presentación da IX Copa Deputación de Natación. Na piscina Rosario Dueñas de Os Remedios. Tamén participan Alba Lojo Caramés (Vicepresidenta do Clube Sincro Ourense), Beatriz Montes Vicente (Directora Técnica do Clube Sincro Ourense), Gema Santos Juez (Tesoureira do Clube Sincro Ourense), Manuel Pérez González (Xefe territorial de Deportes da Xunta en Ourense) e Anibal Pereira Novoa (Concelleiro de Deportes do Concello de Ourense)
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de 8 clubs de toda Galicia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este trofeo contará con competicións divididas nas categorías prebenxamín, benxamín, prealevín, infantil e junior. A maiores, haberá tamén exhibición dos máis cativos.

Na presentación desta proba participou o vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, coñeceu esta mañá no Pazo Provincial os detalles desta proba xunto co xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez; o concelleiro de Deportes en Ourense, Aníbal Pereira; e membros da directiva do Club Sincro Ourense como a súa vicepresidenta, Alba Lojo; e a directora técnica, Beatriz Montes.