O Psdeg-Psoe de Ourense subliña que os 12 millóns de euros destinados polo goberno para conservación de estradas na provincia permitirá potenciar infraestruturas “clave”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As actuacións afectarán principalmente a autovía A-52 entre os puntos quilométricos 176 e 267,1; ademais de melloras na OU-11 e nos ramais de enlace entre a A-52 e a AG-53

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Marga Martín e Rafa Villarino coinciden en que “estamos ante investimentos de vital importancia na principal autovía de comunicación da provincia (A-52) e que precisaba de melloras en materia de conservación para recuperar correctamente o firme”

Ourense, 2 de maio de 2024. O PSdeG-PSOE de Ourense destaca que os 12.143.008 millóns de euros formalizados polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, a través dun contrato para a execución de diversas operacións de conservación e explotación das estradas na provincia, “é unha gran nova para infraestruturas clave en Ourense e que precisan de melloras importantes”. As e os socialistas salientan que dito contrato abarca un total de 96,28 quilómetros de estradas na provincia, das cales 94,38 son quilómetros de autovías, incluíndo ramais de enlace.

A deputada no Congreso, Marga Martín Rodríguez, e o senador, Rafael Rodríguez Villarino, destacan que este investimento “afectará principalmente a autovía A-52, entre os puntos quilométricos 176 e 267,1; ademais de melloras na OU-11 ou nos ramais de enlace entre a A-52 e a AG-53”. Neste senso, ambos coinciden en que “estamos ante investimentos de vital importancia na principal autovía de comunicación da provincia e que precisaba de melloras en materia de conservación para recuperar correctamente o firme”.

“O Goberno con Sánchez á cabeza segue apostando pola nosa provincia, con investimentos moi necesarios en infraestruturas clave e que empregan cada día milleiros de ourensáns e ourensás”, afirman Martín e Villarino. A deputada e o senador do PSOE ourensán destacan que “ademais da mellora do firme destas estradas, o contrato tamén recolle actuacións como a vixilancia e atención de accidentes, o servizo de control de túneles e comunicacións ou o mantemento de instalacións”.

Dentro do contrato para conservación, tamén se incorporan dous proxectos para mellorar os sistemas de contención en dous tramos da A-52. Concretamente procederase a renovación da barreira metálica dos quilómetros 207 a 210, no termo municipal de Allariz e a adecuación da barreira ríxida de formigón prefabricada do quilómetro 176 a 267.

“A través destes traballos conseguiremos que as citadas estradas dispoñan de mellores condicións para a circulación e a seguridade”, afirman Martín e Villarino, que tamén apuntan que o modelo de contratos mixtos de servizos e obra “busca ofrecer un servizo integral de mobilidade ao usuario, mellorando o estado da estrada e optimizando os recursos públicos”. A deputada e o senador do PSdeG-PSOE de Ourense inciden en que estas actuacións “permitirán reducir as toneladas de CO2 anuais que xera o funcionamento ordinario e as labores de mantemento e explotación das estradas, reforzando a orientación cara os obxectivos de desenvolvemento sostibles”.