A Deputación colabora na Copa de España Dragón de piragüismo que se disputará esta fin de semana en Muíños

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe no complexo turístico O Corgo, na presentación desta proba de 200 metros que se disputará os días 20 e 21 de abril

Muíños, 17 de abril de 2024.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe no complexo turístico O Corgo, en Muíños, na presentación dunha regata do calendario nacional de Piragüismo, a Copa de España Dragón de 200 metros, que acollerá este municipio da Baixa Limia os días 20 e 21 de abril, coa colaboración da Deputación de Ourense. Trátase da primeira vez que a provincia de Ourense acolle unha competición desta modalidade de piragüismo tan en auxe actualmente.

As embarcacións semellan dragóns e son tripuladas por 12 palistas que disputarán a proba nas categorías de Júnior, Sénior, Open, Mixto e Veteranos. Ademais, cabe destacar a categoría BCS cuxa tripulación está formada por mulleres e homes que padeceron cáncer (principalmente de peito) e practican esta disciplina deportiva para recuperarse despois da intervención cirúrxica. Nos últimos tempos, tamén se incorporou a categoría Paradragón disputada por palistas con diversidade funcional.

En canto á participación, daranse cita 450 deportistas que tripularán as 101 embarcacións que disputarán esta Copa. Os palistas proceden de 16 clubs de 8 Comunidades Autónomas.

Na presentación tamén participou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez: e o presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea.