A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Carballiño segue loitando polos dereitos da veciñanza. Convocan unha nova manifestación para o domingo día 26 de maio, coa finalidade de facer ruído pola sanidade. Neste caso, fan un chamamento baixo o lema “Cantas pezas do puzzle queres perder?”. Fan referencia á carencia de profesionais sanitarios, ao tempo de máis dun mes de espera para poder facer unha analítica, a falla dun segundo pediatra con praza ou o feito de levar máis dun mes se máquina de raios.
Ademais, enviaron unha carta cunha listaxe de motivos polos que é preciso tomar medidas. Esta carta ten o obxectivo de conseguir unha reunión co novo conselleiro de Sanidade, asegurando que polo momento aínda non obtiveron resposta.
