Dende o Centro Sociocomunitario do Carballiño queremos compartir unha colaboración que nos fai especial ilusión.
Durante unhas semanas cedemos as nosas paredes a unha artista emerxente, imos expor os cadros de Trinidad Vidal Penelas, residente no Cornubal dende hai uns meses e que comezou a pintar a raíz da pandemia e con máis de 80 anos.
Trátase dunha mostra clara de que non hai idade que impida facer realidade os nosos proxectos e dende o noso centro estamos encantados de recibir propostas e iniciativas da nosa contorna.