A Asociación Festa do Viño Tinto de Cenlle é a encargada de organizar esta festa en colaboración con entidades locais, viticultores, comisión de festas e voluntariado. A celebración desenvólvese paralelamente á denominada Ruta das Adegas na que centos de visitantes e veciños visitan as adegas para degustar viños con D.O. Ribeiro, tanto branco como tinto.
A Ruta terá lugar os días 1 e 2 de xuño. O sábado 1 de xuño, ás 19:30 horas, comezará a primeira das xornadas da 12ª Ruta das Adegas coa lectura do pregón a cargo de Manuel García Montero seguida da actuación da banda de música Bandiños Band. Ás 21.00 horas terá lugar a apertura das adegas e ás 12.00 horas a discoteca móbil Gramola amenizará a velada.
Domingo 2, a partir das 11:00 horas os presentes poderán participar nun novo percorrido polas adegas e coa música da banda de música Castro Bello, ao que seguirá a inauguración da exposición de maquinaria agrícola e a concentración de tractores históricos. A partir das 14.30 horas poderás gozar dunha comida popular.