As e os socialistas do concello de Ourense critican que o goberno de Jácome non organizara unha programación para conmemorar o día do orgullo lgbti na cidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“É unha mágoa que toda a responsabilidade para celebrar esta data recaía nas entidades e asociacións da cidade sen ningún tipo de apoio dende o executivo local”, lamenta a portavoz do grupo socialista, Natalia González

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Instan, nesta liña, ao rexedor e o seu equipo a facer un exercicio de comparación co resto de concellos e urbes galegas que si ofertan á veciñanza un abanico de actividades que fomentan a visibilidade do colectivo e o respecto.

Os e as socialistas do Concello de Ourense critican que –tal e como confirmou o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, no recente pleno ordinario de xuño á pregunta da edil do PSdeG Cristina Cruz– non vaia haber unha programación de actividades para conmemorar o Día do Orgullo deste ano escusandose o rexedor en que cree que “nunca se fixo”.

“Cando gobernaban outros partidos si se ten apoiado á visibilidade e importancia desta data para acadar unha cidade máis respectuosa e inclusiva con actividades que se promovían dende a propia Administración local”, lembra a portavoz dos socialistas e secretaria xeral do partido en Ourense, Natalia González. “Seguramente, volveremos a ser a única gran cidade de Galicia que non realice actos institucionais ou actividades para apoiar a un colectivo que, por desgraza, aínda continúa a padecer agresións e exclusión no seu día a día por querer vivir libremente”, subliña.

Instan, nesta liña, ao alcalde dende o grupo municipal socialista a realizar un exercicio de comparación con outras urbes como Pontevedra –que xa presentou programación para todas as idades ao longo dunha semana– ou A Coruña –no que se leva a cabo ata un festival que xira arredor da cultura LGBTI– e a que promova o Día do Orgullo en Ourense. “É unha mágoa que toda a responsabilidade para celebrar esta data recaía nas entidades e asociacións da cidade sen ningún tipo de apoio dende o executivo local e é unha actitude e decisión coa que as e os socialistas non podemos estar de acordo”, rematou.