Falar de teatro afeccionado é falar do Carballiño e así volve a quedar demostrado no Platta, Festival Transfronterizo de Teatro Amador que se desenvolveu esta pasada fin de semana no Auditorio Manuel María como escenario.
Esta foi a súa 11ª edición, que contou coa representación de Teatro do Pesadelo, Paso Básico e do Grupo de Teatro de Vez.
As actividades estiveron completadas cun curso de improvisación e lecturas dramatizadas, para as cales houbo unha representación final e entrega de diplomas.
Esta iniciativa resulta un encontro interesante en canto á mestura de culturas e o traspaso de fronteiras a través da cultura do teatro. As actividades complementarias resultan de gran interese como forma interesante de ver as diferentes visións dun mesmo texto.