O Partido Popular do Carballiño chega a un gran acordo de goberno co Psoe
para o resto do mandato.
Deixando a un lado as diferentes ideoloxías que defendemos, hoxe alcánzase
un importantísimo acordo para a estabilidade e o progreso do Carballiño.
As dúas forzas máis votadas, acordan un goberno conxunto cun programa
común e único centrado no Carballiño.
O noso principal obxectivo será proporcionar a estabilidade necesaria para a
gobernabilidade así como atraer dende tódalas institucións o maior
investimento posible para Carballiño, o que fará posible sacar adiante
importantes proxectos de futuro para a nosa vila.
Dende o Partido Popular do Carballiño comprometémonos a traballar de
maneira responsable, seria e transparente en beneficio de todos.
O Carballiño, 18 de xuño de 2024
O Grupo Municipal do Partido Popular do Carballiño
Comunicado do PP de Carballiño sobre o acordo de goberno co Psoe
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------





![A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato]](https://badalnovas.com/wp-content/uploads/2020/03/jardon1-80x60.jpg)











