Os nenos do Vila do Arenteiro inauguran unha exposición sobre o Galaico

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os rapaces do centro educativo Vila do Arenteiro realizaron unha exposición sobre os “Galaicos, a orixe”, elaborada por eles mesmos e cun fin didáctico grazas á materia de Ciencias Sociais, durante os dous últimos cursos. Esta mañá, os máis pequenos recibiron ó alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, para inaugurar a súa creación. Foron eles, os cativos, os que explicaron todas as curiosidades desta época, todas elas recollidas na súa exposición.

O alcalde amosouse satisfeito de que os centros da vila fomenten o estudo de xeito didáctico e implicando ós rapaces neste tipo de iniciativas para romper cos estereotipos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO