O BNG eríxese como a única alternativa real, sería e rigorosa tralo pacto de goberno PSOE – PP no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Portavoz municipal do BNG Sofía García sinala que o pacto “é unha falta de respecto á veciñanza ao tempo que escenifica que o único importante para PP e PsdeG -PSOE son os seus intereses particulares”

O Carballiño, 20 de xuño de 2024. Despois do pacto de goberno escenificado no Concello do Carballiño, entre o PSOE e o PP e no que os populares entran a formar parte do goberno con competencias delegadas durante os tres anos que restan para o remate do mandato, desde o Grupo municipal do BNG amosanse “absolutamente contrarios ao pacto acadado”, pacto no que ademais o PSOE cédelle a Alcaldía ao PP no último ano de mandato.

A portavoz municipal, Sofía García sinala que co pacto “queda claro que a única alternativa transformadora, con proxecto político para mellorar a vida da veciñanza do do Carballiño, é o BNG”, ao tempo que aclara que o pacto “so responde a intereses particulares de PP e PSOE e non aos interese xerais da veciñanza”.

Desde a formación nacionalista afirman que “aínda que non deixa de sorprender este pacto, si cómpre reseñar que o PsdeG-PSOE ven apoiándose no PP con frecuencia, nun claro blanqueamento dos populares por parte dos Socialistas para a aprobación de moitos asuntos municipais, polo que en definitiva o que fan é darlle un formalismo a algo que na práctica viña sucedendo con asiduidade pois PP e PSOE levan moito tempo negociando”.

A portavoz municipal considera gravísimo que “dentro do pacto se lle permita ao PP acceder á alcaldía durante o último ano de mandato”. E engade “o BNG nunca tomará parte deste xeito de facer política que están a practicar o resto das forzas políticas no Carballiño”, e engade, “fronte ao mercado persa no que PP, PsdeG-PSOE e ESCO pretenden converter a política, no BNG apostamos pola decencia, a corehencia e a seriedade”.

Asemade o Consello Comarcal do BNG reunido recentemente respalda e amosa todo o seu apoio ás compañeiras do Carballiño e ao Grupo municipal. Ao tempo que cualifican de disparate a alianza entre PSOE e PP para gobernar, xa que o consideran perxudicial para os intereses do Carballiño.