Quedada do Club de Lectura de Adultos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No solpor do mércores 19 de xuño do 2024 o profesor e compañeiro do IES Chamoso Lamas Moncho Iglesias Míguez protagonizou a derradeira quedada do Club de Lectura de Adultos sobre a súa faceta de tradutor (Ahmed Masoud., Esfumado. A misteriosa desaparición de Mustafa Ouda, Editora Urutau, 2022) á vez que disertou sobre a súa experiencia docente en Palestina. O pobo medieval de Pazos de Arenteiro foi o escenario desta quedada literaria tan froitífera. Moitas grazas Moncho pola túa sabedoría “compartida” nun marco físico incomparable, os xardíns da Casa da Encomenda de Pazos, onde historia e memoria confluiron para regalarnos unha chea de aprendizaxes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO