Luis Menor explica o seu programa na sede central do PPdeOU

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O candidato á presidencia do PPdeOU, nun acto na sede central de Ourense con compromisarios e militancia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Este non é o congreso de Luis Menor; quero que sexa o congreso da xente” 

·       Invitou expresamente a afiliados e simpatizantes a que acudan o próximo 13 de xullo ao Pazo dos Deportes Paco Paz 

·       Como candidato a unha alcaldía “pido o voto aos meus veciños; para a presidencia da Deputación tiven o apoio dos alcaldes; e para dirixir este partido preciso, ademais dos votos dos compromisarios, o apoio de toda a militancia, que é a que fai grande ao noso partido”, proclamou Menor, que desexa “compartir trunfos ao voso carón” 

28, xuño, 2024. Luis Menor convocou esta tarde na sede central do Partido Popular de Ourense a compromisarios e militancia da comarca de Ourense para presentar as súas propostas orgánicas e de funcionamento da formación, como candidato á presidencia do PPdeOU.

No encontro invitou expresamente a afiliados e simpatizantes a que acudan o próximo 13 de xullo ao Pazo dos Deportes Paco Paz, subliñando que desexa ver as gradas cheas de ourensás e ourensáns porque “este non é congreso de Luis Menor; quero que sexa o congreso da xente”.

Como candidato a unha alcaldía “pido o voto aos meus veciños; para a presidencia da Deputación tiven o apoio dos alcaldes; e para dirixir este partido preciso, ademais dos votos dos compromisarios, o apoio de toda a militancia, que é a que fai grande ao noso partido”, proclamou Menor, que desexa “compartir trunfos ao voso carón”.

Agradecido polas mostras de apoio recibidas estes días no seu percorrido pola provincia, o candidato lembrou a importante asistencia rexistrada na campaña das europeas, aínda que matizou que “agora non toca falar de eleccións; toca falar de partido”

O Partido Popular de Ourense demostrou nos oito últimos meses que “é quen de mobilizar as súas bases por todo o territorio”, puntualizou Luis Menor, que se comprometeu a manter un ritmo esixente, mentres que pediu “a todos vos un compromiso firme”.

O candidato, como nos resto das reunións, detallou as propostas que figuran no seu programa –”un documento vivo e aberto a novas achegas”-, con novas ideas sobre organización, asesoramento xurídico e técnico aos portavoces municipais; máis protagonismo ás voces máis veteranas e á mocidade do partido; maior atención ao colectivo emigrante; e a creación dunha Secretaría de Igualdade; ou formación adaptada ás necesidades dos representantes do partido.