Reparto de concellerías no novo goberno do PSOE e PP carballiñés

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O novo goberno do Carballiño, personificado polos líderes do PSOE e PP carballiñeses, presentaron hoxe os pormenores do seu acordo. Nos últimos días, ambos equipos traballaban na conformación e no reparto de áreas. A área de economía, facenda, orzamentos e administración xeral xunto coa alcaldía, será para Francisco Fumega estes dous anos; urbanismo, obras, vivenda e deportes será para o tenente alcalde, Pepe Rafael Castro. Outras áreas quedan divididas con reparto de competencias entre ambos partidos e algúns departamentos como cultura, turismo e industria ou benestar manteñen ao seu responsable.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  • Francisco Fumega: economía, facenda, orzamentos e administración xeral. Alcaldía por dous anos.
  • José Rafael Castro-Gil. Urbanismo, obras, vivenda, contratación administrativa e deportes. Tenencia da alcaldía dous anos.
  • Alberto Otero. Persoal, seguridade, emerxencia, mobilidade, réxime interior.
  • Diego Fernández. Cultura.
  • Silvia Baranda. Servizos sociais e sanidade.
  • María Elvira Torres. Medio Ambiente e Termalismo.
  • Rosa María Fuentes. Benestar comunitario.
  • Miguel Fernández Castro. Medio Rural.
  • Manuel Dacal. Información, promoción turística e industria.
  • Diana González Fumega. Emprego, comercio, xuventude e participación cidadá.
  • Lorena Castro. Promoción social e educación.

Ambos destacaron que o obxectivo é ter un goberno unido que traballe polo Carballiño. Para este reparto, anunciaron unha rebaixa do 5% no soldo do alcalde e do anterior tenente alcalde, as demais manteñen as competencias. Destacan que as áreas que pediron foi co interese de poder facer un pouco máis.

Os outros grupos da oposición actual, Espazo Común e BNG, manteñen o seu rexeitamento inicial a este pacto e seguen considerando que se debe a unha moeda de cambio, non a un acordo de mellorar polo interese do Carballiño. O BNG considérase a única alternativa con proxecto político e Espazo Común augura un futuro de confrontacións no novo goberno.